Sotavento



 

Parque Eólico Experimental "Sotavento"


O Parque Eólico está situado na Serra de Loba, entre os termos municipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña), a unha altura media de 700 metros sobre o nivel do mal. A duración da viaxe, aproximadamente, é dunha hora dende A Coruña, e hora e cuarto dende Santiago de Compostela.
O Parque Eólico Experimental Sotavento foi inaugurado no ano 2001.
Dende a súa inauguración, o parque Eólico Experimental Sotavento formulouse tres obxectivos tan novidosos como ambiciosos que o definen e o diferenza:

  • Parque escaparate de tecnoloxías renovables.
  • Centro de investigación e formación.
  • Centro de divulgación de enerxías renovables.

É un parque escaparate: na mesma localización se encontran representadas as diferentes tecnoloxías de aeroxeradores implantados en Galicia: Izar, Gamesa Eólica, Ecotécnia, Neg Micon e Made Endesa.

  • Día 1 de xuño. Alumnado de 1º de EP.  Saida ás 09:00 e regreso aproximado ás 18:00h.