Coro 2011-2012


O CORO ESCOLAR
     


 
 

CARMINA BURANA

O día 4 de maio de 2012 ás 21:00 unha sección do noso coro actuará no Auditorio de Galicia acompañando A Capela Compostelana na interpretación de Carmina Burana de Carl Orff.
Dirixidos por Miro Moreira o noso Coro realizou un primeiro ensaio preparatorio de cara á actuación.

   

  ESTREAMOS CORO!

Este curso temos boa nova musical! Seica as profes de Música, Chus e Adela confabuláronse para musiquear un pouco máis da conta e aquí temos o resultado: Habemus coro!
Polo de agora aínda andan algo en cueiros polo que imos ter que agardar un pouco ata escoitalos desde enriba dos escearios. Pero se tendes moita curiosade por saber como soan, podedes pegar a orella á aula de Música os xoves á hora do recreo e escoitaredes as melodiosas voces destes pequenos e voluntariosos cantores que tanto entusiasmo están a amosar todas as semanas. Moito ánimo cantareir@s!!!