Concertos Didácticos


 

A Banda Municipal de Santiago de Compostela é una das máis antigas de Galicia, xa que nace en 1849 e perdura ata os nosos días. Na actualidade conta con 38 compoñentes e a súa actividade baséase fundamentalmente nos concertos dominicais ao longo de todo o ano, concertos de verán os xoves e domingos, intercambios culturais e  os concertos didácticos en periodo lectivo.

Dentro das actividades complementarias programadas polo centro e dentro da tempada de actividades didácticas dirixidas aos rapaces e rapazas organizada pola Concellaría de Cultura, temos previsto asistir o día 26 de outubro, ás 11:00 a un Concerto da Banda Municipal de Santiago no Auditorio de Galicia.

Este concerto atópase dentro da programación Cine e Música, coas interpretacións de bandas sonoras en directo de películas como Jurassic park, Piratas do Caribe, Bailando con lobos, Titanic, etc.