Mallorca 11



Desde o día 23 ao 30 de maio, o alumnado de 6º, que remata a súa estancia no colexio, realiza unha viaxe a Mallorca. Actividades culturais, deportivas e de ocio foman parte do plan de traballo: fábrica de pérolas de Majorica, Aqualand, Castelo de Bellver, pazo da Almudaina... e se o tempo acompaña algún chapuzón na praia.  

O programa é o seguinte
   
  • Luns 23. Saída de Labacolla en vóo directo a Palma con chegada ás 19:30h. Hotel Costa Mediterráneo. Tlf. 971441612.
 
  • Martes 24. Excursión a Porto Cristo. Fábrica de Vidro. Fábrica de pérolas e Covas do Drach.
 
  • Mércores 25. Parque acuático Aqualand.
 
  • Xoves 26. Praia e visita a Palma (Catedral, Castelo de Bellver, Pazo da Almudaina, Praza Maior...)
 
  • Venres 27. Excursión a Calobra. Valldemosa, Sóller. Viaxe en tren, barco e tranvía.
 
  • Sábado 28. Parque acuático Western Park ou Aqualand.
 
  • Domingo 29. Xornada de praia e compras.
 
  • Luns 30. Regreso a Santiago con chegada a Labacolla ás 16:30h.