Visitamos o Concello

 


 

Un ano máis, o Concello de Santiago celebrou a súa Xornada de Portas Abertas, na que puidemos coñecer por dentro as dependencias municipais da praza do Obradoiro.
Os monitores da Concellaría de Educación guiáronnos pola Casa do Concello, explicándonos o seu funcionamento e a súa historia.
Durante a visita, fomos pasando polas distintas estancias, onde se nos explicou toda a simboloxía relacionada co Concello. Ademais, puidémonos sentir concelleiros por uns intres no salón de plenos nunha breve sesión presidida tamén polo alcalde.

Alumnado de 4ºEP. 14 de abril.