Autor: Ricardo Alcántara


 

Ricardo Alcántara


Aos 17 anos de idade viaxou a São Paulo a estudar psicoloxía porque na universidade na que estudaba pechara. Pero ademáis de ser psicólogo, gustáballe escribir.

Antes de traballar como escritor trabllou de artesán, cociñeiro, e nunha gardería. Ao principio, tivo conflitos coas editoriais porque non aceptaban os seus libros, ata que a editorial La Galera aceptou publicarlle un.

En 1979 gañou o premio Serra d’Or que por primeira vez era outorgado a un libro en catalán. Despois deste premio, ten sido galardoado en diversos certámes literarios. É unha mostra a obtención do Premio Austral Infantil do ano 1987 por Un cabello azul.

A consagración definitiva chegoulle co Premio Lazarillo, no ano 1987, con "Un cuento grande como una casa". No ano 1990 obtivo tamén o premio Apel·les Mestres con "Carne y uña".  A novela ¿Quién quiere a los viejos? ten sido seleccionada para a exposición The White Ravens 1997, que organiza anualmente a Biblioteca Internacional de Munich. 

Día 24 de febreiro. Aula de Vídeo

  • Alumnado de 5º de 10:45 a 11:45. 
  • Alumnado de 2º de 12:00 a 13:00.