O Entroido 11


 

O venres, día 4 de marzo ás 11:15 horas , celebraremos no Colexio a festa do Entroido. Os alumnos/as virán disfrazados da casa, agás os que fixeran disfraces no colexio, e participarán no desfile.

De non chover, o desfile realizaráse seguindo o seguinte percorrido: Rampa exterior do patio de Poza de Bar - paseo polo patio - entrada polo patio cuberto.

Todos os nenos/as de Primaria, en caso de choiva, traerán un calzado axeitado para ir ao pavillón polideportivo, tenis ou zapatillas, independentemente do que traian para o disfrace. Lémbrase que non se deben traer obxectos punzantes, espadas, botes de spray, ou calquer outro obxecto que puidera resultar perigoso.

O desfile será a partires das 11:00 polas dependencias do colexio.

Os días 7, 8 e 9 de marzo, non haberá clase. Ver calendario escolar.


 

 

3º CICLO EDUCACION PRIMARIA
 

O alumnado de 3º ciclo imos ir disfrazadados de libros. Se queres ver como son, mira o video da esquerda.

 
EDUCACION INFANTIL
  Para o alumnado de infantil proponse que veñan de casa disfrazados de velliños e velliñas, aproveitando cousas que haxa pola casa, e non ter que mercalas.

Damos algunhas ideas:

  • Velliñas: pelo cardado con talco, moño, pano na cabeza, mandil, zapatillas, colares, etc.
  • Velliños: bigote. gafas, garabata, chaleco, reloxo de cadea, boina, chapeu, etc.

 

O alumnado de Ed. Infantil o xoves día 3 realizará unha festa-degustación de produtos típicos do entroido que se celebrará no Salón de Actos.