Galicreques 2010


Un ano máis, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, durante a semana do 2 ao 10 de outubro de 2010, celebraremos o Festival Internacional Galicreques na cidade de Santiago de Compostela.
 
 

Nome da compañía: Xarop teatre
Procedencia: Valencia
Título do espectáculo: Alí Babá y los Cuarenta Ladrones


É esta a historia de Alí Babá ou a do seu irmán kasim? ou a da muller de Alí? Alí e o seu irmán fan o posible por contarnos a historia do que lles aconteceu. Cada un intenta expoñer a súa versión dos feitos. A medida que vai transcorrendo a obra, o público vai descubrindo todas as peripecias que Alí e Kasim van vivindo. Pero Graciela, a muller de Alí, dáse conta da teimosía dos irmáns e vai tomando unhas decisións que os levan a un final inesperado.

Martes 5 de outubro. Teatro principal. 11:30h. Alumnado de 2º

     
 

Nome da compañía: Beto Hinça Teatro de Marionetas
Procendencia: Brasil
Título do espectáculo: Historia dum cão


Trátase dun espectáculo de marionetas de fíos onde o protagonista é un can que vive nunha casa coa súa muller. Como a todos os cans encántalle brincar e ladrar todo o tempo. Corre detrás das galiñas, busca restos no lixo e peléxase co gato. De noite, cando a súa muller dorme, ladra e molesta a todo o mundo. É a historia dun can que vive meténdose en problemas!

Venres 8 de outubro. Teatro principal. 11:30h. Alumnado de 1º