Xoán Babarro


 

Xoán Babarro (Xoán Babarro González) (Calvelo de Maceda, Ourense, 1947), doutor de filoloxía, foi mestre de EXB, e actualmente é catedrático de Lingua e Literatura galega nun instituto da Coruña. É autor de numerosas obras destinadas a aprendizaxe da lingua e de diversas traduccións de obras ao galego. É director da colección de literatura infantil e xuvenil "O Trolebús" da editorial Casals. Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil: Teatro de todo o ano (1978), Crónicas dos catro viaxeiros (Xerais 1989); O dragón de Gondomil (1989); Kumamoto Canchés, o meu robot xaponés (1991); Contos de trabecín trabezón (1993); A aldea das catro primaveras (1993); A princesa do cabaliño Café (1994); Dez eran dez (Xerais 1996); Cuco, cuquelo, ¿que tes no fardelo? (Xerais 1997);; Nena de flan (2000); Lobo lobo (2000); Un circo de nubes (2000); Carpametacarpadeduna (Xerais 2001); "Macarrón de narices", conto incluído en Un saquiño de contos (Xerais 2001); Doña Gansa Gansa (2001); Ten, ten, a miña casa ten (2001); A néboa das escondidas (2001); O reino de dama Duira (2001); Os feitizos de Medea (2001); Polos bigotes do meu gato (2002); Eu voguei por mar de chocolate (2003). En colaboración con Ana María Fernández publicou: As bruxas esdrúxulas (1999), Os xigantes de nunca acabar (1999), Contos do reino Mamoranguá (1999).

  • 4 de maio. alumnado de 6º.