Animaladas


 

O xoves 18 de marzo, o noso centro participará no concerto didáctico “Animaladas”, ofertado polo profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela en colaboración co CEFORE. O concerto, en forma de conto musical, irá presentándonos a distintos instrumentos caracterizados como animais responsables que, moi preocupados polos problemas que o home lle causa ao noso planeta e,  acompañados pola fada Marcelina, realizarán unha viaxe arredor da Terra para tentar salvala. No conto musical “Animaladas” iremos escoitando distintas pezas musicais pertecentes, por unha banda, ao Entroido dos Animais de Camille Saint-Saëns e por outra a unha selección de pezas de Prokofiev, Vivaldi e Holst.

Asiste o alumnado de 2º.

 


Sorry, flash is not available.