Museo de Historia Natural


 

MUSEO DE HISTORIA NATURAL

FACULTADE DE CIENCIAS. CAMPUS SUR. USC 


Ten a súa orixe no século XIX, cando no curso 1840-41 se crea cátedra de Historia Natural e, asociada a ela, o Gabinete de Historia Natural que tiña como principal finalidade a docencia práctica.

O seu primeiro director, Antonio Casares Rodríguez, foi quen iniciou o desenvolvemento deste gabinete, coa recompilación de material existente na universidade, a creación dun herbario e a recepción de exemplares de minerais doados por profesores e particulares.

Compras e doazóns, de coleccións e de exemplares diversos, foron incrementando o patrimonio do gabinete durante o século XIX, especialmente ata 1880. Nas dúas ultimas décadas do século XIX, debido ao abandono por parte das autoridades universitarias e políticas, o gabinete tivo unha época de decadencia, con notables perdas no seu patrimonio.

A principios do século XX, inícianse novas melloras e no ano 1906 o vello gabinete pasa á categoría de Museo de Historia Natural. Este museo chegou a ocupar dúas plantas do antigo edificio da Universidade, hoxe facultade de Xeografía e Historia.

No ano 1961 foi trasladado á antiga Facultade de Ciencias, hoxe Facultade de Química, onde permanece na actualidade ocupando parte da planta inferior.

Actualmente este museo constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, xa que, entre as coleccións que alberga, destacan as resultantes dos traballos de investigación dos máis importantes naturalistas e científicos galegos dos séculos XIX, XX e da actualidade.

 

  • Día 6 de maio. Alumnado de 2º A / B.
 
  • Día 17 de marzo. Alumnado de 4 anos.