Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
EDL. Actividades anuais 08-09
Enviado por ceippio12 o Mér, 2009-03-11 10:37
Dentro da programación xeral anual, desde o ENDL temos pensado enfocar a nosa actividade de cara ao fomento da linguaxe oral e escrita entre o alumnado e gañar novos ámbitos no emprego do galego utilizando tamén para iso e como en anos anteriores diversas manifestacións culturais da nosa zona así coma a realización doutras novas en consonancia co Plan Anual do Centro.
O plan de traballo estruturarase en quince proxectos que pretendemos que teñan como coordenadas a implicación do profesorado, a potenciación da linguaxe oral e escrita, o emprego das novas tecnoloxías, a colaboración entre centros e con asociacións e o deseño de actividades con continuidade no tempo. |
»