Cristovo e o libro...


 

Cristovo e o libro das marabillas

SARABELA TEATRO


 

Sabemos da admiración que Cristóbal Colón sentía por Marco Polo. Coñecemos que O libro das marabillas do mercader veneciano acompañou ao navegante na súa viaxe coa intención de chegar por outra ruta a aquelas “indias” descritas douscentos anos antes. Recollemos esta fascinación para amosar en Cristovo e o libro das marabillas a un Colón neno ao que o mundo se lle queda pequeno e aborrece a escola. Cristovo quere viaxar e cre que a coraxe e a forza son a súa mellor carta de presentación. É inxenuo pensar que ninguén vai aproveitar tan boas intencións. Sofía e O libro das marabillas descubriranlle que a máis grande aventura está no coñecemento. Como se non un neno de doce anos pode coñecer Constantinopla, Samarkanda, as estepas tártaras ou a escintilante corte de Kublai Kan?

  • Alumnado de 2º. 25 de novembro de 2008.
  • Alumnado de 6º. 26 de novembro de 2008.