Proxecto Enreguéifate

 

Enreguéifate


Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar.

Os obradoiros Enreguéifate teñen como finalidade que a mocidade aprenda métodos de improvisación oral de xéneros galegos como a regueifa.


  • 27 e 28 de novembro e 5 de decembro. Alumnado de 5º e 6º de EP.