Concursos 22-23


  CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais orixinais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o luns 12 de decembro. O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal. O xurado será designado pola ANPA.

PREMIOS
Un premio de 50€ nun ticket regalo para cada gañador ou gañadora dos seguintes niveis agrupados: EI, 1ºe 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal.