2021-2022. Día da bicicleta


 

DÍA DA BICICLETA

Percorrido por Santiago


Co motivo da celebración no mes de xuño do Día da Bicicleta, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o día 17 realizaremos un percorrido por Santiago de aproximadamente 15 km con saída ás 10 da mañá desde o centro en Poza de Bar e con remate no mesmo lugar. O percorrido estará acompañado polo equipo de educación viaria da policía local así como por protección civil. A medio camiño realizaremos unha parada na Praza do Obradoiro.

  • Alumnado de 5º e 6º EP. 17 de xuño.