Fontes e lavadoiros


 
Esta actividade, vai dirixida ao coñecemento do patrimonio cultural dunha cidade coma a nosa na que a auga é un elemento case definitorio. A actividade consistirá en realizar unha mostra fotográfica das distintas fontes que existen en Santiago. Poderán participar nela, todos os alumnos e alumnas do centro, achegando unha foto realizada por eles mesmos (a poder ser en formato dixital), e unha breve descrición do seu emprazamento, se é potábel, etc. [VER FICHA].

A proposta realizada está dirixida ó alumnado de Educación Primaria entre os OBXECTIVOS podemos destacar:

Xerais


  • Coñecer e valorar as fontes e os lavadoiros como monumentos históricos representativos da cidade. 
  • Incentivar a participación activa no entorno.

Específicos


  • Reflexionar sobre os coñecementos que se teñen interiorizados a cerca destas construcións.
  • Recoñecer e identificar diferentes fontes da cidade.
  • Ser capaz de orientarse no seu entorno.
  • Identificar a estructura principal dunha fonte e dun lavadoiro.
  • Comprender os diferentes co paso do tempo.
  • Fomentar a comunicación interxeracional.
  • Desenvolver a creatividade baseándose nun feito real.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación.


AdxuntoTamaño
ficha.pdf10.26 KB