Procedemento para a distribución de máscaras


  

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS


ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

NORMAS XERAIS

ALUMNADO BENEFICIARIO

  • Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar para 2020/2021 e non terá xa que presentar solicitude.
  • O alumnado que se atope nas seguintes circunstancias:
    • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN E SOLICITUDE

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro de 2020.
  • A solicitude pódese cumprimentar de xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.
  • A solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2020-2021.
  • Documentación complementaria. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21.