English Week. MECD


 

Programa English Week 2020


Informámos que, o CEIP Pío XII ten sido seleccionado para participar no Programa English Week 2020 do MECD que se desenvolverá en Os Peares (Ourense).

A actividade está dirixida a un total de 20 alumnos e alumnas de 6º de EP, respectando os seus grupos burbulla. Os grupos seleccionados por sorteo, son o A e C que aportarán 10 alumnos cada un (5 nenos e 5 nenas).

O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.
O comezo da actividade adxudicada terá lugar desde a tarde do domingo 4 de outubro ata a mañá do sábado 10 de outubro de 2020.


Na actividade están incluidos:

  • Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • Certificado de realización da actividade.
  • Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.