Parlamento e Xunta de Galicia


  Visitamos o Parlamento e a Xunta de Galicia

Galicia, nacionalidade histórica, está constituída en Comunidade Autónoma para acceder ao seu autogoberno de conformidade coa Constitución española de 1978, que recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e das rexións que integran a nación española.

O Estatuto de Galicia é a norma institucional básica da Comunidade galega que define as súas institucións, competencia e administración pública, así como a súa economía e facenda.

Os poderes públicos de Galicia exércense a través do Parlamento, da Xunta e do seu presidente.

Son funcións do Parlamento exercer a potestade lexislativa da Comunidade Autónoma, controlar a acción executiva da Xunta, aprobar os seus orzamentos, designar para cada lexislatura das Cortes Xerais os senadores representantes da Comunidade Autónoma galega, elixir de entre os seus membros o presidente da Xunta de Galicia, esixirlles responsabilidade á Xunta de Galicia e ao seu presidente, solicitar do Goberno do Estado a adopción de proxectos de lei e presentar ante a Mesa do Congreso dos Deputados proposicións de lei, interpoñer recursos de inconstitucionalidade e presentarse perante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos nas leis.

O Parlamento representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da Comunidade Autónoma da que derivan todas as outras.

 

  • Alumnado de 5º de EP. 28 de febreiro.