Samaín 19


 

O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta. O samaín é a súa festa na honra dos defuntos, marcando o paso do outono o inverno.  
Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

O próximo 30 de outubro, na celebración do Samaín, o alumnado poderá vir disfrazado acorde coa proposta realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística: bruxas, bruxos ou meigas, meigos coa creatividade propia de cada familia.
Neste curso estrearemos a nosa Casa do Medo, ubicada na biblioteca, na que poderemos contar contos terroríficos.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN

 

"CONTOS DE MEDO" DESDE A RADIO ESCOLAR
 
 

A Doniña Cerva. Alumnado de Iniciación á Radio. 6º EP. Julia Filgueira, Noa Duaso e Sergio Gamás.


 
O vampiro. Falcone, Fernando / Lluch, Enric. Ed. Baía 2010. 836-35.5/LLU/vam
Alumnado de Iniciación á Radio.

 
Frankenstein. Mary Shelley
Alumnado de Iniciación á Radio. 6º EP.