Semana STEM


 

SEMANA STEM

Os Peares. Ourense



Informamos que ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para participar na actividade “Semana STEM” dirixida a alumnado de quinto e sexto cursos de educación primaria e primeiro e segundo cursos de educación secundaria obrigatoria, o noso centro ten sido seleccionado para participar na mesma.

OBXECTIVOS E PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  1. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado unha actividade que lles permita mellorar as súas competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter lúdico-recreativas, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas.
  2. Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque “maker”, a creatividade e a motivación para mellorar as súas competencias STEM.
  3. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa e promoverá aprendizaxes competenciais por parte do alumnado; incidindo no uso seguro das novas tecnoloxías e nos perigos que supoñen o seu uso inadecuado.

DURACIÓN E DATAS DE REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES
A actividade desenvolverase desde o domingo 13 de outubro pola tarde ata o sábado 19 de outubro pola mañá, en réxime de internado no centro de Os Peares (Ourense).

  • 13 a 19 de outubro. Alumnado de 5º de EP do Club de Ciencia.

Documentación do alumnado e información: