Exper-i-ciencia


 
 
 
 

Exper-i-ciencia


O obxectivo deste proxecto é achegar a ciencia á comunidade educativa mediante visitas de persoal científico e técnico do CSIC aos centros educativos, cubrindo todos os niveis: desde Infantil ata Bacharelato, incluíndo ciclos formativos e outros ensinos oficiais.

Na exposición do tema trátanse en ton divulgativo cuestións de interese xeral acerca das áreas de investigación que se desenvolven nos centros do CSIC en Galicia: a Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto de Estudos Galegos “Pai Sarmiento”, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións  Agrobiológicas de Galicia, o Instituto de Ciencias do Patrimonio e o Centro de Supercomputación de Galicia.


  • 28 de marzo. Alumnado de 6º EP. Salón de actos