Xeraldina viaxa connosco


 

XERALDINA VIAXA CONNOSCO


O programa de Educación Viaria da Policía Local vén de estrear unha nova mascota, que se suma ao xa máis que coñecido Moito Olliño. Trátase de Xeraldina, un personaxe que ten a misión de mostrar o uso correcto dos Sistemas de Retención Infantil.

Os responsables do departamento de Educación Viaria da Policía Local mostráronlles aos máis pequenos como deben circular no coche, onde debe ir a cadeira, e cando deben usala.

  • 15 de marzo. Alumnado de 6ºEI.