Convocatoria Asamblea Ordinaria


Convocatoria Asamblea Ordinaria

Convócase aos socios e socias da ANPA A Ferradura á asemblea ordinaria a celebrar na sala de vídeo o xoves 13 de decembro ás 16:30h primeira convocatoria e ás 170h. en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación se procede da acta anterior
  2. Problemática suscitada en torno ao estacionamiento de vehículos na contorna do PIO XII. Explicación das accións realizada
  3. Renovación de vacantes da Xunta directiva.

Existen varias vacantes e precisamos de xente que se incorpore á xunta directiva da Anpa A Ferradura.

Todos @s interesad@s poden entregar a súa candidatura no local da asociación co prazo límite de entrega de 48 horas antes da celebración da Asemblea Ordinaria de Pais/Nais.

      4.- Rogos e preguntas


Modelo de presentación

D./Dª. ................................................................................................... maior de idade con D.N.I. ......................................

Na súa calidade pai ou nai, titor/a legal de un/a alumno/a do C.E.I.P. “PIO XII”, e socio/-a de pleno dereito da ANPA A Ferradura, polo presente documento:

MANIFESTA: o seu desexo de formar parte da nova Xunta Directiva da ANPA A FERRADURA, cuxa elección se celebrará o día 13 de decembro de 2018.

Por tal motivo presenta a súa Candidatura:

 

Santiago de Compostela, a ..........de ................................. de .................

O pai, nai ou Titor/a legal