AVISO IMPORTANTE: ZONAS DE PARADA VEHÍCULOS


Nas vindeiras semanas habilitarase unha zona de parada de vehículos na rúa Marques de Figueroa  (desde o paso de peóns ao estanque en ambos sentidos) para ser utilizada nos horarios de entrada e saída do colexio.

Os axentes informarán nos dias previos e pasarán a sancionar os coches aparcados en dobre fila ou invadindo a beirarúa nas entradas do colexio a partires de entón.

Compartimos a necesidade de que a contorna do Pio XII sexa segura para os menores e peóns que fan uso dela, por iso pregamos que non se abuse e/ou faga un mal uso das áreas habilitadas para parada que, lembramos, non son de estacionamento.

Grazas pola vosa colaboración