Xornada adicada o mundo do Squash


Ao longo da semana do 22 ao 26 de xaneiro, desenvolverase no centro unha actividade adicada ao fomento de deportes minoritarios, neste caso o Squash.

 
 
  Xornada adicada o mundo do Squash

 


O día 26 de xaneiro de 2018, nas instalacións do CEIP Pío XII en Santiago de Compostela, terá lugar unha xornada adicada o mundo do Squash, un apaixoante deporte de raqueta.

Comezaremos coa proxección dun vídeo, no que se recollen os mellores momentos da carreira de Borja Golán, o mellor xogador español de Squash de todos os tempos, así como un pequeno resume das distintas actividades relacionados co Squash, para ir coñecendo un pouco máis este deporte.

Despois haberá unha charla de BORJA GOLÁN SANTÍN, Campión de España Absoluto nos últimos 15 anos, e Campión de Europa no 2016, que estará acompañado polo Presidente da Federación Galega de Squash JOSÉ CARLOS NOYA SUÁREZ, e por algún Campión de España nas Categorías Júnior, así como por monitores da federación.

O Concello de Santiago, promotor da Campaña formativa divulgativa do Deporte do Squash nos centros escolares, estará representado por NOA MORALES, Concelleira de Deportes.

Para rermatar, poderanse aclarar todas as dúbidas curiosidades, anécdotas, etc. nunha rolda aberta de preguntas, a calquera dos xogadores.

Para por un punto final deportivo, e xa no pavillón, haberá una pequena actividade deportiva, na cal, os participantes estrenarán as novas pistas adaptadas para colexios, e que estará coordinada e realizada polos monitores da federación.

  • Alumnado de EP. 22 a 26 de xaneiro.