Samaín 17


 

 

 

O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta. O samaín é a súa festa na honra dos defuntos, marcando o paso do outono o inverno.  
Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

O próximo 31 de outubro, na celebración do Samaín, o alumnado poderá vir disfrazado acorde coa proposta realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística: bruxas, bruxos ou meigas, meigos coa creatividade propia de cada familia.
As cabazas e os froitos de outono acompañarán a celebración. Poderán decorarse sen baleirar co obxecto de que a súa durabilidade sexa maior. A partir do 26 de outubro comezaremos esta exposición.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN