Unha enxeñeira ou científica en cada cole


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE


Desde a USC, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, propónsenos visibilizar ás mulleres na ciencia e na tecnoloxía e achegar ao alumnado de 4º de EP ao mundo científico, abordando temas complexos pero dun xeito lúdico. Así realizaremos no centro os seguintes obradoiros:

Alumnado de 4º de EP

  • A Maxia da Química, impartido por Laura Acevedo e Noela Torrente, técnicas superioras de apoio á investigación do CIQUS. Data: VENRES 1 XUÑO ÁS 12:20h.
  • Falando cos superordenadores. Impartido por Mª José Rodríguez Malmierca e Natalia Costas, investigadoras do CESGA. Data: XOVES 14 XUÑO ÁS 12:20h.
  • A túa pegada no planeta. Impartido por Almudena Hospido Quintana, profesora do departamento de Enxeñería Química da USC: LUNS 18 XUÑO ÁS 09:50h.

Alumnado de 5º de EP

  • Mércores 4 Outubro ás 12:20hInformática visual aplicada á bioloxía impartido pola profesora Eva Cernadas do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora  do CITIUS.
  • Mércores 4 Outubro ás 12:20h. A túa pegada no planeta impartido pola profesora Almudena Hospido do Departamento de Enxeñería Química.
  • Venres 6 Outubro ás 12:20h. Xogando coa Luz impartido por María Aymerich, Mª del Carmen Bao Varela e María Teresa Flores Arias, investigadora  e profesoras da Área de Óptica