Teatro: Osiño


 

OSIÑO

A FUNDACIÓN


 

A vida nun anaco de bosque transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa nai. Con eles pasaremos un inverno no que o noso protagonista ten moito frío, pero a súa nai vai ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa nai de pequena coñecera a un paxaro. No verán levaranos a dar un paseo nocturno para poder levarlle á súa nai un anaco de queixo moi especial. E no outono celebraremos os seus aniversarios con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os ratos.

  • 7 de febreiro. Fundación Abanca. Alumnado de 6º de EI.