2016-2017. Proxecto interdisciplinar: O cine


 

ACTIVIDADES




No presente curso, o centro inclúe na súa programación xeral anual un proxecto interdisciplinar sobre o cine.

Dito proxecto dinamizarase desde a Biblioteca, o EDL, Extraescolares e Tics. Pretende involucrar nel todas as actividades que se realicen: Festivais, Samaín, Magosto, Entroido , Letras Galegas… coa creación de pequenos proxectos de aula ou nivel.

Creación ao longo dos tres trimestres:
1º T. escoller o tema e busca de información.
2º T Estruturación, recompilación, selección  e organización da información.
3º T Realización do proxecto a nivel material: Dixital ou en formato papel. Os inicios do cine, o cine antigo, O cine animado, Inventos do cine, O cine e a ciencia, O cine é a literatura, O cine en Galicia, O cine en xeral,  Diccionario de cine, Inventos do cine, O cine antigo, As profesións no cine, O cine e a banda deseñada,  Os efectos especiais, A caracterización no cine,  Personaxes míticos, A fotografía e o cine,  O mundo animal no cine, As civilizacións antigas no cine, Directores,  Personaxes históricos no cine,  Os mellores personaxes do cine, O cine é a música, O deporte no cine, O cine é pintura,  Os musicais, O cine e a literatura …etc.

Os proxectos poderán formar parte despois da biblioteca do centro como material de consulta e de préstamo as aulas ou de intercambio entre as mesmas…

 
 

UN NADAL DE CINE... MUSICAL


  • Baile: “Cantando bajo la lluvia”. 1º B.
  • Drama musical: “Rock de la carcel”. 2ºA.
  • Baile: “Cabaret”. 2º B.
  • Baile: “Fiebre del sábado noche”.1ºC.
  • Baile: “Grease”. 1ºA.

 

 

UN DÍA DA PAZ DE PELÍCULA


  • Un día da Paz de película. Decoración da Aula verde como o bosque de Pandora (Avatar). Decoración da aula (chan e árbores) con pombas, estrelas, grúas, helicoides, etc.
  • Visualización dunha película e elaboración dunha secuencia de fotogramas sobre a mesma.
 

As seis emocións


En 5º de EI, traballamos as emocións.
Un, dous tres... Acción.
Erase unha vez un monstro que non sabía o que lle pasaba. Estaba cheo de cores e púxose a averiguar o que lle pasaba. Descubríu as súas emocións: alegría, tristeza, enfado, medo, calma...