O tren da Língua

O alumnado de 5 anos A e B subeu o xoves 31 de maio ao tren da Língua. Esta actividade patrocinada por CaixaNova, ten por obxectivo o fomento da língua galega entre os máis novos.
Saímos do colexio ás 9:45 en autobús cara a estación do tren. Alí esperábanos un tren que nos ía levar ata Vilagarcía de Arousa.
No tren, Peter e Lolo, dous animadores, amenizaron a viaxe coas súas historias.
Na estación de Vilagarcía ademáis de tomar un zume, vimos unha obra de títeres.
De volta no tren recibimos como agasallo e recordo da viaxe unha mochila e un estoxo de pinturas.
Chegamos ao colexio ás 13:00h.

GALERÍA DE FOTOS