Samaín 16


 

O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa na honra dous defuntos, marcando o paso do outono ou inverno.  Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación:  preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

Nós, no colexio, celebrarémolo desde o 26 ao 28 de outubro.

Como nos cursos anteriores, propoñemos a decoración de cabazas para realizar unha exposición nas escaleiras de entrada ao centro. A partires do mércores 26 poderanse colocar e recollernse o venres 28 a última hora.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN
 

 

  OBRADOIRO DE MAQUILLAXE. EDUCACIÓN INFANTIL

Para celebrar o Samaín o alumnado de 6º de educación infantil participou nun taller de maquillaxe a cargo de Cristina Antelo e Paula Castaño.
Elas aportaron os cosméticos necesarios e diron consignas de como facer unha tez pálida, ollos de medo, cicatrices, colmillos, e como non…algún corazón. As nenas e nenos, diante do espello extenderon a crema hidratante, a base blanca e diron o toque personalizado en función do seu disfrace.
 

  ... E CELEBRAMOS UNHA FESTA

O alumnado de EI, 1º e 2º de EP, compartimos no patio unha xornada na que cada un puxo en escea as súa terroríficas indumentarias.
 

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS

do 26 ao 28 de outubro.


¿COMO SE FAI UNHA CAVEIRA NA CABAZA?

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Comézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador. Tendo o interior ben limpo e rebaixado, fanse dous furados para os ollos, outro para ou nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu interior co coidado de colocala convenientemente para que non caia.