English Week


 

Programa English Week 2016


Informámoslle que, o CEIP Pío XII ten sido seleccionado para participar no Programa English Week 2016, (ORDE do 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes … para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa…)

O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.
O comezo da actividade adxudicada terá lugar desde a tarde do domingo 23 de outubro ata a mañá do sábado 29 de outubro de 2016.
O número de beneficiarios será de 25. No caso de haber máis solicitantes que prazas a adxudicación realizarase en sorteo público no centro en data que se comunicará.
Na actividade están incluidos:

  • Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • Certificado de realización da actividade.
  • Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

A comunicación para participar realizarase ante as titoras como máximo o 7 de outubro.


 

  • O sorteo para a adxudicación de prazas realizarase na aula de vídeo o día 11 de outubro as 16:15h. RESULTADO DO SORTEO.