Banco de libros. Axuda para material. 2017-2018




 

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA 14 de xullo

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL 10 de xullo

 
 
  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 23 de maio ao 23 de xuño de 2017.
  • As instancias pódense recoller na secretaría do centro ou descargar aquí.
  • Os correspondentes vales de axuda para adquisición de libros e para material poderán ser recollidos no centro desde o 10 ao 31 de xullo.

BANCO DE LIBROS Fondo solidario de libros de texto  para alumnado de 3º a 6º de Primaria.

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2016/2017, así como os libros prestados no caso de 3º e 5º de Ed. Primaria. As datad  para a devolución dos libros serán entre o 15 e o 20 de xuño e serán entregados en Administración.
  • O día 10 de xullo o centro publicará unha relación provisional cos libros adxudicados a cada alumno/a. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no centro os días 11 e 12 de xullo. A relación definitiva publicarase o 14 de xullo.
  • O centro entregará os libros asignados a cada alumno/a os días 7 e 8 de setembro.
  • IMPORTANTE: O centro dispón de case a totalidade dos libros de texto (excluídos Cadernos de actividades e Música) para os cursos 3º e 5º. Para poder acceder a eles terá que solicitarse obrigatoriamente o Fondo solidario, independentemente da renda familiar. En 4º e 6º os libros serán asignados en función das existencias do centro.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS para alumnado de 1º e 2º de Primaria.

AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR para alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.