Bandanza


 

BANDANZA

Auditorio de galicia


Mediante o presente concerto didáctico o alumnado terá a posibilidade de observar en directo a espectacularidade dos diferentes bailes de salón coa música a cargo da Banda Municipal de Santiago.
No concerto, unha parella profesional de baile de exhibición presentará cada tipo de baile e as súas características, posteriormente xunto con música en directo por parte da Banda Municipal bailarán para o público asistente. Durante este espectáculo o escenario converterase nunha pista de baile, Salsa, Tango, Vals, Pasodobre, Rock & Roll.

  • 15 de abril. Alumnado de 5º e 6º de EP.