Día da Paz 16


 

Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase "O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA", en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coas súas accións de non violencia conseguiu a independencia da India e que foi asasinado ese mesmo día en 1948.

 

 

 

Paraugas para a Paz


Este ano, conmemorando o día da paz, acordamos decorar paraugas e expoñelos no patio cuberto. Con este proxecto no que participaron as familias e todo o alumnado do centro, pretendemos desenvolver unha actividade de aprendizaxe servizo que poda repercutir positivamente nalgún colectivo desvaforecido.