Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Eshan Ullan Khan
Eshan Ullan Khan Ullah Khan chegou por casualidade a converterse nun dos referentes mundiais contra a escravitude infantil. Era xornalista e traballaba nun diario local, pero en 1967 cruzouse cun rapaz de 18 anos, escravo, cos ollos cheos de bágoas apostado a un lado da estrada. "Quixen axudalo, díxenlle que el era libre como calquera outra persoa que nace noutra parte do mundo, pero el só quería morrerse. Neste instante decidiu emprender a súa loita, fundou a Fronte de Liberación do Traballo Forzado, que o levou a prisión e a sufrir varios intentos de asasinato. Dende 1995 vive "forzosamente" no exilio en Suecia sen posibilidade de poder regresar á súa terra. No país nórdico creou o movemento Marcha Global dende onde articula a loita para erradicar a explotación infantil con políticas de educación. Khan logrou que cinco empresas de Paquistán pechen as súas instalacións e a liberación de centos de nenos.
|
||
|