Uxía Senlle: María Fumaça


 

Sobe á locomotora da familia María Fumaca. É, quizais un dos proxectos editoriais máis sorprendentes e fermosos dos últimos anos. Trátase dun libro, que vén acompañado dun CD e dun DVD, que pretende achegar optimismo sobre a minusvalidez na infancia, difundindo a idea de que a minusvalidez pode ser vivida con normalidade e optimismo. É sobre todo, segundo os seus autores, un libro sobre "a integración e a felicidade".

A alma máter de María Fumaca... cantar e bailar para ser máis feliz! é a artista Uxía Senlle. Explica que se trata dun proxecto que, fundamentalmente, comezou como "unha celebración de vida" dedicada ao seu sobriño Ruí, un neno con parálise cerebral. "Hai seis anos pensei en que lle podería agasallar e gravámoslle un disco cada ano polo Nadal", no que colabora toda a familia e moitos dos seus amigos músicos.

  • Alumnado de EI e 1º ciclo. Salón de actos. 16 de abril.