Nadal 14


 

Concurso de postais de Nadal


De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos antes do venres 12 de decembro.
O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal.

Premios:

Un premio de 50€ nun ticket regalo para o gañador/a de cada un dos ciclos (EI, 1º, 2º e 3º ciclo de EP). Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal.

 

 

FOTOGRAFÍATE CO APALPADOR

 

 

Fotografía co Apalpador


Se desexas realizar unha fotografía co Apalpador, podes realizala na planta baixa, a carón do patio cuberto. Anímate.
 

 

FESTIVAL DE NADAL

Os días 17 e 18 e 19 de decembro celebramos o Festival de Nadal.
Igual que en anos anteriores debido ao número de actuacións acordouse, realizar o festival en tres días consecutivos. Un festival por ciclo.


 
 

EDUCACIÓN INFANTIL.

  • Mércores 17 ás 10:00h, festival de EI, só para alumnado.
  • Mércores 17 ás 12:00h, festival de EI, para nais, pais ou titores legais.
  1. “Rudolph, o reno do nariz vermello”. 4 anos B.
  2. A busca do camiño: “Marcha fúnebre para unha marioneta”(Gounod). 3 anos C.
  3. Cara ao fogar: “Volver a casa por Nadal” (Xabarín e Xababanda). 3 anos A.
  4. O camiño da vida: “Na caverna do Rei da Montana” (Peer Gynt de E. Grieg). 3 anos B.
  5. Os camiños da tenrura: “Cantiga de Berce”(Fuxan os ventos). 4 anos C.
  6. Os camiños mais ledos: “Marcha Radetzky”(Johan Strauss). 4 anos A.
  7. Os camiños escuros: “Danza da morte” (Manuel de Falla). 4 anos B.
  8. Os camiños luminosos: “Danza do lume” (M. de Falla). 5 anos C.
  9. A festa: “No baile” (MamaCabra). 5 anos B.
  10. Ao redor da árbore: Gavota (Johan Sebastian Bach). 5 anos A.
  11. O camiño do Nadal: “Nadal de Luintra” (Popular-Berrogüeto). 5 anos A, B e C.
  12. Entrega do premio á Postal de Nadal gañadora.
 

 
  • Venres 19. Festa degustación de produtos de Nadal.
 
 

EDUCACIÓN PRIMARIA. PROGRAMA

 
  • Xoves 18 ás 09:30h, festival de 1º e 2º de EP.
  1. Obra: “Patosín no Polo Norte”. 1º A.
  2. Baile: “Mi Burrito Sabanero”. 1ºB.
  3. Obra: adaptación de “O vendedor de tormentas”. 1º C.
  4. Aula de música (1ºA, 1ºB, 1ºC).
    1.   “Gavota” (J. S. Bach).1º C
    2.  “Danza da morte e do lume” (Manuel de Falla). 1º A
    3.  “No baile” (MamaCabra). 1º B
    4. “Cantiga de Nadal”. (Popular-Berrogüeto) 1ºA, B e C
  5. Baile: “Peixes, moluscos e crustáceos”. 2ºB.
  6. Pastorela: “A estreliña de Belén”. 2ºC.
  7. Baile: “Buscando una estrela”. 2ºC.
  8. Entrega do premio á Postal de Nadal gañadora.
 
 
  • Xoves 18 ás 12:30h, festival de 3º e 4º de EP.
  1. Obra: “Orellas de bolboreta.”4ºA.
  2. Poesía: “Noite Boa”. 4ºB.
  3. Baile: “Carta aos Reis – Deck the Hally”. 3ºB.
  4. Poesía: “O ano que se fixo vello”. 4ºC.
  5. Baile: “Danza Medieval”. 3ºC.
  6. Canción: “Poema de Don Gaiferos”. 3º e 4º.
  7. Entrega do premio á Postal de Nadal gañadora.
 
 
  • Venres 19 ás 09:30h, festival de 5º e 6º de EP.
  1. Baile: “All about that bass”. 6ºA.
  2. Obra: “Robonadal”. 5ºA.
  3. Panxoliña: “ O día que naceu Jesús”. 5ºB.
  4. Baile: “Timber”. 5ºB.
  5. Obra: “O xiz máxico”.5ºC.
  6. Baile: “Shake if of”. 6ºB.
  7. Parodia: “Dora a Exploradora”. 6ºA.
  8. Baile: “musical “Fame”. 6ºC.
  9. Entrega do premio á Postal de Nadal gañadora.