Entroido 14


 
  • O vindeiro 28 de febreiro celebraremos o Entroido no noso centro cun desfile polo interior do recinto ás 11:30 h que rematará no pavillón. Ese día o alumnado virá disfrazado da súa casa. 
  • Desde o EDL propúxose a elaboración dunha máscara típica dalgún dos entroidos tradicionais galegos: Boteiros, Cigarróns, Xenerais, Pantallas, etc.
 

    

 
  • O alumnado de infantil realizará unha comparsa tomando por tema "a moda que máis mola". Ao remate dos desfiles celebraremos unha festa de entroido tanto para EI como EP.
 
 
  • E como non podía faltar a comida nestas datas, o alumnado de Ed. Infantil o xoves día 27 realizará unha festa-degustación de produtos típicos destas festas. Este día o disfraz será de tema libre.
 
 
  • Desde a área de plástica das Seccións Bilingües elaboráronse máscaras de entroido con papel reciclado.
 
 
  • Tamén vos comunicamos que ao longo da semana do 28, e entre o luns e o xoves, realizaremos un Meco no centro que ditará as correspondentes ordes de Entroido para que cada día o alumnado traia unha prenda que se irá sumando ao longo da semana á súa vestimenta. As ordes de cada día poderanse consultar día a día tanto nos taboleiros das entradas así como na páxina web do centro.