Skip to Content

Normalización Lingüística

Plan Xeral de Atención á Diversidade

Plan Xeral de Atención á Diversidade: Rexe o funcionamento do Departamento de Orientación, certos aspectos da organización do centro, apoios na aula,...

PREMIOS FIN DE CURSO

O día 21 de xuño despois da festa de fin de curso premiamos os alumn@s que máis traballos fixeron para o noso Rechouchío e tamén os de mellor calidade.

Por último despedimos os nosos alumn@s de 6º cuns agasallos para que non esquezan o seu paso polo noso colexio.

 



XOGOS DE ENTROIDO

A mestra Belén Junquera xunto con outras compañeiras fixeron un gran traballo elaborando diferentes xogos relacionados co Entroido.


Pinchade aquí para entrar na súa páxina e pasar un  rato divertido.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

17/05/2010 21:27
Etc/GMT

Día festivo e non lectivo en toda a Comunidade, na que este ano se adica a Uxío Novoneyra.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.

Con motivo do Día da Paz, fixemos diferentes actividades no colexio: decoramos a nosa pomba, escribimos palabras positivas e negativas e negativas que formaron parte da árbore e dun muro que logo rachamos, recitado do poema " Amigos de cores", e, para rematar a solta das pombas. Aquí queda unha escolma de imaxes.

       
       

AS LINGUAS SUMAN

En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas.

Como docentes pensamos que os debemos ofrecer información para que poidades decidir o mellor para os vosos fillos e fillas. Por iso deixámosvos o seguinte archivo adxunto.

 

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Durante esta semana realizouse un programa de dinamización lingúística e fomento da lectura, contando coa colaboración da editorial Kalandraka e da Consellería, con contacontos musicais, obradoiros de lingua escrita e de oralidade.

   
   

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO RAMO

Con motivo da celebración das Letras Galegas, os mestres Fernando e Xoán realizaron unha fermosa alfombra que os nenos e nenas do centro encheron con serrín tinguido, borras de café, flores..e moita paciencia, pero, verdade que lles quedou preciosa?

     

Ademais da alfombra, realizouse o maio, coa axuda das mestras Rosa e Paula e a colaboración de tódolos alumnos do centro.O venres 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun festival no que se recitaron poemas,cantigas, bailes..Se queres ver máis fotos desta actividade vai á galería.

     

SEMANA DAS LETRAS EN SOUTO GRANDE.

Con motivo da celebración das Letras Galegas, fixemos  unha fermosa alfombra de flores e un maio, para iso os nenos/as  trouxemos flores, fiuncho, borras de café. cascas de ovo...

   
   

Día das Letras Galegas

17/05/2009 14:47
Etc/GMT

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut