Skip to Content

Educación Infantil

ALFOMBRA FLORAL.

Para celebrar as Letras Galegas eleboramos unha fermosa alfombra ca axuda da nosa mestra; quedounos xenial!!

INFANTIL VISITA O PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA.

Os alumnos/as de infantil visitaron o parque de Educación Viaria que temos ó lado do cole; estiveron encantados e disfrutaron un montón conducindo bicis, triciclos, coches...

VESTIMOS DE ENTROIDO O UNIVERSO.

Este ano enchemos de colorido o entroido no Ramo; con estrelas, planetas, Galileo, Sol, lúa... A que estabamos ben fermosos/as? Disfrutamos un montón!!!

 

     
     
     

 

Estamos ansiosos de que chegue o entroido do ano que ven!!!

 

   
   

 

 

PEGATINAS DA PAZ

 Este ano gañou o concurso de pegatinas da Paz unha nena de 1º chamada Diau.

Cada un de nós pintou dita pegatina dándolle o seu toque personal.

 

   
   

BAMBÚ

Vimos en internet  diferentes videos onde descubrimos os distintos osos que existen (oso pardo, oso polar, oso panda e oso formigueiro).

Nun video vimos que un oso panda comía a rama dunha planta e mirando en libros decubrimos que era BAMBÚ.

A profe Mª José trouxo  a rama dun bambú para a  aula para que viramos como é. Sabedes que ademáis de gustarlle moito os osos pandas a usan para facer foguetes das festas?.

 

 

PROXECTO "OSO"

Este trimestre comezamos un proxecto sobre os osos; estamos investigando moitas cousas sobre a súa vida.

Para resolver as nosas dúbidas (que comen?, onde viven?, que tipos de osos existen?,etc) buscamos información en diferentes fontes (libros, revistas, videos, internet,...).

Agradecemos dende aquí todas as aportacións que fixeron as familias.

 

     

PINTAMOS O NOSO CORPO

Fixemos uns bonitos debuxos con pintura e pincel do noso corpo, e quedounos moi bonitos. Ademáis non esquecimos de pintar ningún detalle.

 

 

ECOLOXÍA

Nas aulas de 4 e 5 anos traballos o Medio Ambiente a través dunha Unidade Didáctica sobre as propiedades do CO2 (importancia para a vida e problemática ambiental) e a necesidade da repoboación de árbores.

Unha das actividades foi trasplantar unha aciñeira e outra actividade foi plantar landras.

Coas nosas plantacións estamos colaborando a repoboar as árbores e reducindo a cantidade do CO2. Esperamos que vos colaboredes tamén e conseguir salvar o noso planeta do chamado "Efecto Invernadoiro".

 

   
   

ENCERADO DIXITAL

Os mércores xogamos no encerado dixital. É moi divertido pintar co dedo, manipular os obxectos que aparecen na pantalla coa man . . . parece cousa de maxia!!

 

     
     

CHEGAN A INFANTIL AS MOCHILAS VIAXEIRAS.

Dende a biblioteca póñense en marcha as mochilas viaxeiras para infantil,nas que  unha serie de contos, música, películas, poesía visitan as casa dos nosos alumnos/as cada quincena; o mesmo que se facía o ano pasado en Primaria.

 

     

 

 

Cada titora entrega a mochila e o alumno/a firma un contrato no que se compromete a tratar ben o material e a devolvelo en óptimas condicións para que os seus compañeiros/as disfruten del.

 

     
     
Distribuir contido


by Dr. Radut