Skip to Content

CONCELLO DE FENE. AXUDAS AGASALLOS NADAL

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS PARA A FESTIVIDADE DE NADAL 2022-2023     

 

 

O Concello de Fene  ven a  convocar axudas para as familias para a festividade de Nadal 2022-2023,  para mercar agasallos para os seus fillos e fillas nados  no ano 2005 e posteriores e 2004 e posteriores sempre que teñan o recoñecemento oficial de discapacidade.

 

As famílias poderan mercar aos seus fillos e fillas xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros agasallos que correspondan ca idade do ou da menor a quen vai dirixida. Tamén poderán mercar roupa, calzado e material deportivo sempre que o gasto non supere o 75% da axuda concedida.

 

Os agasallos terán que estar mercados entre o período comprendido entre o día 2 de novembro de 2022 e o día 6 de xaneiro de 2023.

       

CONTÍA:

Axudas de pago único de 100€ por menor.

 

QUEN PODE ACCEDER? :

Aquelas familias que cumpran os seguintes requisitos:

1- Ter  a cargo fillos ou fillas nados  no 200e posteriores ou 200e posteriores cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade.

2.- Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade mínima de tres meses anteriores á data da solicitude.

3.- Que a renda per cápita familiar non supere os ingresos anuais netos 6.948,24 € , calculados en base a aplicación dos seguintes descontos: seguridade social e IRPF, pensións de alimentos, pensións compensatorias e as cotas de aluguer ou amortización da vivenda.

4.- Que os aforros a 31/12/2021 non superen os 3.000 €.

5.-Que non haxa máis de dous coches na unidade familiar e, no caso de que a maiores dos coches se posúa unha moto, esta deberá ter unha cilindrada non superior a 800 centímetros cúbicos.

 

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Dende o 2 ata o 22 de novembro de 2022, ambos os dous días incluídos.

 

INFORMACIÓN:

Centro municipal de Servizos Sociais. Avda. do Mar, Bl. 1. San Valentin. Teléf.: 981342607 / 981492706



page | by Dr. Radut