Este curso tivemos a sorte de contar con Paola Guimeráns para desenvolver 3 obradoiros STEAM co noso alumnado, grazas ao programa "Biblioteca Creativa".
Así, co alumnado de 4º e 5º de ED. Primaria fixo sendos obradoiros coa placa "makey makey" programando por bloques, e argallando unha actividade relacionada con Luísa Villalta.
Por outra banda, co alumnado de 6º de ED. Primaria desenvolveu un obradoiro para utilizar Micro:bit
Foi un auténtico pracer contar con Paola no noso cole e aprender tanto dela.
O pasado 22 de marzo, grazas ás Bibliotecas Creativas ( proxecto da Asesoría de bibliotecas escolares do que formamos parte) estivo no noso cole Paola Guimeráns, unha pioneira STEAM especialmente no relacionado cos e-textiles.
Desta volta para o alumnado de 5º e 6º que puideron disfrutar e crear guiados por Paola o seu propio "brazalete" con Leds ( e-textil) e despois con Scratch programaron un pequeno "xogo" .
Foi unha experiencia interesantísima , na que desfrutaron, aprenderon e traballaron STEAM dun xeito lúdico e moi didáctico.
Foi un auténtico pracer ter a Paola no noso centro ( que voltará para facer sendos obradoiros co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria)