Skip to Content

                              

BESCOLARES

24 de Outubro: día das bibliotecas.

O pasado luns día 24 conmemoramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS. 

Que marca o inicio das actividades da nosa biblioteca escolar 

 préstamo individual, actividades e propostas, mochilas viaxeiras, clubes de lectura...)

 

Centramos a celebración do día en 2 actividades específicas:

Por unha banda fixemos unha visita "guiada" polas novas instalacións da nosa B.E.

(Estamos en proceso de finalización, e ultimar os derradeiros detalles dos espazos da nosa nova biblioteca escolar , xa que entramos a formar parte do PLAN LÍA 3,  e  aínda non está rematada.)

Nesa visita, lembramos as normas , tamén repasamos a CDU, onde podemos atopar os libros, e ao final do percorrido houbo unha pequena sorpresa gastronómica e saudable.

Deixamos  aqui unhas poucas fotos do momento:

 

 

A outra actividade ,despois do recreo e no comedor escolar ( a nosa sorte de "salón de actos" xa que non temos outro espazo) consistiu nunha teatralización por parte do alumnado do terceiro ciclo.

Escribiron a obra entre todos e todas, e foron eles os "mestres de cerimonias" encargados de falarnos da importancia da biblioteca, e do que é un PDI , ademais de introducirnos por medio desta obra de teatro que eles e elas escribiron no PDI que vai guiar este curso escolar: COÑECENDO BOBORÁS.

Temos que parabenizar ao alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria ( e as súas titoras, Asun e Carmela) polo traballo, a orixinalidade, a súa creatividade, a creación artística e as horas e horas de "ensaios e preparación" para que todos e todas puidesemos desfrutar desta magnífica peza artística que ao mesmo tempo foi moi ilustrativa e didáctica. ( E divertida!! encantoulles a todos e todas)

 

 E así o mostra esta pequena escolma fotográfica

 

E que vivan as bibliotecas!!!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut