Skip to Content

                              

LER

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Compartímosvos as recomendacións lectoras para este Nadal , por se non tedes claro que agasallar.

Damos ás grazas ás titorías que nos aportaron as ideas, e tamén ao Departamento de Orientación.

Este ano engadimos tamén algún "xogo" e como o lema deste ano das Bibliotecas Escolares, é "Unha biblioteca escolar en viñetas" tamén engadimos recomendacións de B.D.

Achegamos as recomendacións en formato "vídeo" pero tamén en formato PDF ( onde se premedes nas imaxes dos libros podedes acceder á súa ficha técnica)

 

Boa lectura, e bo Nadal en Familia! 

 

 

 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO: CURSO 2023/24

O pasado xoves día 9 de Novembro tivemos a primeira reunión do Club de Lectura de familias e profesorado.

Este curso aumentamos o número de familias participantes , aínda que como pasa ás veces por diversos motivos, varias das novas incorporacións non puideron asistir.

Comezamos ás 16:00 horas na zona “maker” da nosa biblioteca.

O punto principal foi falar das nosas “Lecturas de Verán”, e houbo un pouco de todo, en xeral gustaron  pero tamén houbo algunha delas que non foi o interesante que se podía agardar, ou que a espectativa non se cumpriu...

 

 Falamos das lecturas posibles para este curso, e a idea de comezar cunha de Ledicia Costas, como fixemos os dous cursos anteriores, que casualmente acaba de sacar un libro de poesía: “Ultraluz”.

A poesía quizais non sexa o xénero máis popular no noso club, falamos de varias ideas para facer unha lectura compartida e reflexionar sobre o contido e compartir as nosas impresións. Tamén se falou de que as novas incorporacións lesen o primeiro libro que lemos no club: “Golpes de Luz” de Ledicia costas tamén e tamén falamos da seguinte lectura para todas.

 

Unha vez compartidas as nosas impresións sobre as lecturas de verán pasamos á tomar un café á sala de mestras e queremos agradecer a Bea e a María Luísa que aportaron parte da sobremesa.

 

Beatriz fíxonos 2 receitas dun libro de Receitas de Harry Potter: uns panciños de queixo moi saborosos e unhas galletas que estaban moi boas. Pola súa parte María Luisa deleitounos cun “brownie saudable” sen azucre e con fariña de avea que estaba espectacular. Finalizamos a reunión con varias ideas de lecturae postergamos a seguinte reunión para final de trimestre e xa coa nova lectura escollida xa máis de relax...

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN.

Deixamos un pequeno vídeo con algunhas  recomendacións lectoras para o verán ( clasificadas por idades)

 

 

 

 

Adxuntamos tamén un documento PDF das mesmas , para velas con calma (e se premedes en cada unha das portadas dos libros levaravos á súa ficha técnica)

 

 

BOA LECTURA E BO VERÁN.

 

 

 

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO...

Concurso: CAMPAÑA PUBLICITARIA : "COMO FOMENTARÍAS A LECTURA???

Proposta para conmemorar o día do libro!!!!!

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA 2020

Para conmemorar o día mundial da POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE
 propuxémoslle ás familias esta actividade:
 
        
 
 
Ademais de conmemorar estas datas, tamén nos pareceu interesante
 para achegarnos e compartir unha actividade , como parte da Comunidade Educativa que integramos.
 
           
 
 
Queremos agradecer novamente a participación das familias, moitísimas grazas.
 
Aquí vos queda a escolma fotográfica. Agardamos que a desfrutedes.
 
GRAZAS
 
 
      

CONTOS PARA VER, LER E ESCOITAR.

Dende o Equipo de Biblioteca do centro, elaborouse unha pequena escolma de contos, audio contos, contos para ver,  contos animados, contos narrados,  contos para compartir... `

Fíxose unha clasificación  dos contidos en dous grupos:

-Para ED. Infantil e 1º curso de ED. Primaria.

-Para ED. Primaria ( dende 2º a 6º curso)

Para introducirnos na materia e ir abrindo boca  deixámosvos esta canción de

Pablo DÍAZ, titulada:

"Imos contar un conto" ( en LSE ) incluída no seu disco "TIC TAC TOC"

    

Para poder ver os contidos, tedes que premer nas etiquetas do documento en PDF

que se adxunta a continuación. 

BOA LECTURA!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut