Skip to Content

                              

Educación infantil

A MOVERNOS UN POUQUIÑO: RECOMENDACIÓNS PARA ED. INFANTIL

Dende o equipo de ED. Infantil, a profe Marta (mestra de Psicomotricidade nas 3 aulas) elaborou esta pequena escolma de vídeos con actividades de movemento para o alumnado.

 

No arquivo adxunto  tedes que premer nos debuxos , segundo a temática e lévavos ó vídeo ou actividade que indica.

 

 

 

 

8M: CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN.

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.

Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)

 
                         

 

 

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
 

 

 

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA ED. INFANTIL

 

Deixámosvos tamén un documento que enlaza ás principais cancións que utilizamos nas "rutinas" de cada día por se as queredes escoitar con eles

(Tedes que premer en cada unha das imaxes das cancións para que vos leve ó vídeo)

PREMEDE  AQUÍ!

 

No archivo adxunto van unhas recomendacións de inglés para que practiquen todo o alumnado de infantil.

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O pasado venres, Tamara veu ó cole a contarnos o conto de "Elmer e o osiño perdido" .
Elmer encántalles, pero moitos deles non coñecían esta nova historia que protagoniza o elefante máis multicolor de todos.

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento.
Moitísimas grazas a Tamara por vir á biblioteca e compartir o seu tempo con nós.

 

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

O venres día 17 tivemos unha sesión de contacontos para o aumnado de ED. Infantil e 1º de Primaria. 

Desta volta, contounos o conto a mellor axudante de cociña do mundo: CHELO.

 

Queremos agradecerlle a Chelo que compartise con nós o seu tempo, e nos contase o conto de "A escaleira" 

  de OQO editora. 

Estiveron moi atentos  e atentas e encantoulles !!

Moitas grazas a Chelo por compartir o seu tempo con nós.

 

 

PROXECTO DOS SUPERHEROES

Esta semana chegou unha carta ás clases de 3 e 4 anos.

 

Enviáronnola os "superheroes" e nela dicían que tiñan moitas cousas... ademais

deixáronnos un montón de "pistas" polo colexio para que averiguáramos quen

eran...  deixáronnos códigos QR escondidos polo cole, e so os podíamos ler se 

tiñamos un "lector de códigos" e alá nos fomos á biblioteca do cole a

buscar as "tablets"para poder descifrar as mensaxes...

 Encantounos!!!! 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento:

 

XUVE E O NADAL: NEVADIÑOS DE NADAL

Este mércores Xuve, deixounos unha encarga moi especial, que nos encantou , facer galletas de Nadal!!!!
 
Na biblioteca deixou colocado o libro "Cociñando con Bolboretas no bandullo" estratéxicamente para que puidesemos ver a receita que iamos preparar...
 
O primeiro que fixemos foi lavar as mans, e despois fomos ó comedor do colexio para poder cociñar unha encarga taaaan saborosa.
 
Temos que agradecer a Carmen, a nosa cociñeira que foi a que "fornou" as nosas creacións.
 
Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso.
 
Hai que dicir que na receita orixinal incorporaban viño, que nós cambiamos por "zume de mazá" pero os resultados foron espectaculares!!!!

 

 
 

XUVE E O NADAL: QUIVER

Durante este mes XUVE foinos deixando encargas, agasallos e actividades para facer , dende o calendario de Advento.
Pediunos axuda para decorar o colexio, para visibilizar o día da discapacidade, deixounos panxoliñas, tamén un Kamishibai sobre o Apalpador e moitas cousas máis.
 
A semana pasada deixounos unha encomenda moi especial.
 
No chan da biblioteca apareceron un montón de debuxos relacionados co NADAL, tiñan que pintalos, e despois sucedería a maxia...
 
Utilizando unha APP chamada QUIVER puidemos ver como eses debuxos saían do papel ante os seus ollos... encantoulles!!!
 
Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotografías das súas creaccións.

 

XUVE QUERE DECORAR O COLEXIO

Hoxe o alumnado de ED. INFANTIL tivo unha sorpresa !!!!

Xuve, a mascota da biblioteca do noso colexio deixounos unha mensaxe no ordenador da biblioteca do cole!!! Pediunos axuda!!!!!

 

E tamén nos deixou uns sobres, na entrada da biblio para que abramos un cada día...

o noso "Calendario de Advento"

 

Aquí tedes a mensaxe que nos deixou XUVE!!

 

INAUGURAMOS OS CONTACONTOS DAS FAMILIAS!!!!

Este venres inauguramos a "tempada" de "Contacontos" por parte das familias e membros da comunidade educativa.

 A encargada de contar o primeiro conto deste curso foi Carmen, a mellor cociñeira do mundo, a nosa cociñeira!!!!

 O conto que elexiu para compartir con nós foi "Moncho e a mancha" de Kiko Dasilva, editado por Kalandraka.

 Moitísimas grazas a Carmen por compartir con nós o seu tempo e contarnos este conto, que lles gustou moitísimo.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut