Skip to Content

                              

MMAF

Carreira de orientación no cole

O mércores 11 de xuño, como actividade final do traballo documental que realizamos sobre as árbores do noso patio, organizamos unha carreira de orientación con 12 puntos de control nos que o alumnado, repartido en grupos, ía buscando pistas para resolver un enigma que resultou ser a seguinte frase "Facer exercicio físico é bo para o noso corpo e para a nosa mente".

A verdade é que esta resultou ser unha actividade na que todo  o alumnado o pasou xenial, ao tempo que foi coñecendo as características das diferentes especies arbóreas que temos no noso colexio.

Día internacional da nutrición

O 28 de maio, Día nacional da nutrición, realizamos na biblioteca do centro un relatorio sobre os bos hábitos de alimentación que foi impartido por Lydia Gisselle Almonte, especialista en nutrición e dietética, e Presidenta da ANPA.

Despois do relatorio construímos no patio do cole unha roda dos alimentos con cartolinas de cores e para finalizar a cociñeira, Carmen, preparounos unha deliciosa merenda a base de bocata, froita e iogur.

Todo o alumnado recibiu un tríptico informativo sobre nutrición e unha tatuaxe.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

As árbores do noso xardín

Imos pescudar información sobre as árbores do noso xardín. Os pasos a seguir serán os seguintes:

Para cumprimentar a ficha podedes utilizar a web de InfoXardín.


Plano para localizar ás distintas árbores:

Happy no CEIP de Boborás

Emulando aos nosos compañeiros do CEIP de Os Blancos realizamos unha pequena presentación do que é o noso colexio ao ritmo da música de Happy de Pharret Williams.

No vídeo está representada o toda a comunidade educativa do colexio, pondo todos eles moito empeño en que todo saíra ben.

Esperamos que sexa do voso agrado!!

Unha alimentación equilibrada

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA)  E DIRECCIÓN
CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (9- maio - 2014)

A ANPA e a Dirección do colexio, infórmalles e invítalles a asistir á cuarta e última charla coloquio neste curso, da Escola para nais e pais que se celebrará o próximo martes día 13 de maio, as 16:15, na biblioteca do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos.

Nesta ocasión trataremos o tema da nutrición :” Unha alimentación equilibrada” Será impartida por Lydia Almonte Polanco, especialista en nutrición e dietética e asemade Presidenta da ANPA

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia. Moitas grazas.
Un saúdo,

Lidya Almonte (Presidenta ANPA)
María Sánchez Seco ,Directora do Centro.

Curso de formación en soporte vital básico

Durante os días 8 e 9 de abril dous mestres do cole e tres nenos de sexto curso participaron nun curso de formación en “Soporte  vital básico e uso do DESA (desfibrilador semiautomático) para persoal non sanitario". O curso foi organizado polo Concello de Boborás e desenvolveuse nas instalación do CEMIT. Nel tamén estiveron presentes persoal da gardería infantil, do Concello e da residencia da terceira idade.

Os responsables de impartir o curso, conseguiron, grazas a súa formación e organización dos contidos traballados, que os asistentes ao mesmo sexan quen de atender a un accidentado que precise destes primeiros auxilios. O Concello, a partir de agora conta con 8 novas persoas que están capacitadas para empregar o DESA en caso de necesidade, o que pode chegar a salvar moitas vidas.

Desde aquí, queremos agradecer ao Concello a realización deste tipo de actividades formativas e tamén por ternos invitado á mesma.

Entendemos que a formación en soporte vital básico e utilización do DESA debería ser materia curricular e de obrigado coñecemento por todos os membros da comunidade educativa i esperamos que así sexa nun curto espazo de tempo.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver en que consistiron as prácticas.

Distribuir contido


by Dr. Radut