Skip to Content

Xogade

II Torneo de bádminton

Durante o mes de xuño realizamos no centro o II torneo de bádminton.

Participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria. Este ano notouse unha melloría importante no nivel dos participantes debido á experiencia acumulada ao longo destes dous últimos anos.

Organizamos dúas competicións: unha de participación individual e outra en parellas.

Cadro de Honra:

 Finalistas individuais  Finalistas de dobres

Tivemos medallas para todos os participantes e trofeo para os gañadores de cada categoría.

Asemade, hai que destacar os seguintes premios otorgados ao xogador revelación e á deportividade:

Revelación: Laura González Deportividade: Naomi Estévez

Galería de imaxes da fase final do torneo:

 

Entrega de premios:

Carreira de orientación en inglés

O último día de clase volvemos a realizar nas dependencias exteriores do colexio unha nova carreira de orientación.

Esta vez as pistas que íamos atopando nos diferentes controis estaban en inglés. En total tivemos que localizar sete controis, onde a preparación física e os coñecementos en inglés resultaron primordiais para realizar o recorrido o máis rápido posible.

Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos:

 

Carreira de orientación no cole

O mércores 11 de xuño, como actividade final do traballo documental que realizamos sobre as árbores do noso patio, organizamos unha carreira de orientación con 12 puntos de control nos que o alumnado, repartido en grupos, ía buscando pistas para resolver un enigma que resultou ser a seguinte frase "Facer exercicio físico é bo para o noso corpo e para a nosa mente".

A verdade é que esta resultou ser unha actividade na que todo  o alumnado o pasou xenial, ao tempo que foi coñecendo as características das diferentes especies arbóreas que temos no noso colexio.

Xogando ao atletismo 2014

O 21 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2013/2014: Xogando ao atletismo.

Este ano celebramos a V edición dunha das nosas actividades deportivas favoritas. Participaron os seguintes colexios da Agrupación Deportivo Arenteiro:

  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo.
  • CPI Virxe da Saleta de Cea.
  • CEIP de Amoeiro.
  • CPR Vila de Arenteiro do Carballiño.
  • CEIP Calvo Sotelo do Carballiño.
  • CEIP de Beariz.

Os colexios do Vila de Arenteiro e de Calvo Sotelo repartíronse os primeiros postos nas das categorías de alevíns e benxamíns.

Nós acadamos un meritorio 3º posto na categoría benxamíns e un 4º posto na categoría de alevíns.

Marcas e resultados das distintas probas:

Galería de imaxes da competición:

Unha alimentación equilibrada

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA)  E DIRECCIÓN
CEIP Nosa Sra. de Xuvencos Boborás (9- maio - 2014)

A ANPA e a Dirección do colexio, infórmalles e invítalles a asistir á cuarta e última charla coloquio neste curso, da Escola para nais e pais que se celebrará o próximo martes día 13 de maio, as 16:15, na biblioteca do CEIP Nosa Sra. De Xuvencos.

Nesta ocasión trataremos o tema da nutrición :” Unha alimentación equilibrada” Será impartida por Lydia Almonte Polanco, especialista en nutrición e dietética e asemade Presidenta da ANPA

Esperamos, coma sempre, a vosa colaboración e asistencia. Moitas grazas.
Un saúdo,

Lidya Almonte (Presidenta ANPA)
María Sánchez Seco ,Directora do Centro.

Curso de formación en soporte vital básico

Durante os días 8 e 9 de abril dous mestres do cole e tres nenos de sexto curso participaron nun curso de formación en “Soporte  vital básico e uso do DESA (desfibrilador semiautomático) para persoal non sanitario". O curso foi organizado polo Concello de Boborás e desenvolveuse nas instalación do CEMIT. Nel tamén estiveron presentes persoal da gardería infantil, do Concello e da residencia da terceira idade.

Os responsables de impartir o curso, conseguiron, grazas a súa formación e organización dos contidos traballados, que os asistentes ao mesmo sexan quen de atender a un accidentado que precise destes primeiros auxilios. O Concello, a partir de agora conta con 8 novas persoas que están capacitadas para empregar o DESA en caso de necesidade, o que pode chegar a salvar moitas vidas.

Desde aquí, queremos agradecer ao Concello a realización deste tipo de actividades formativas e tamén por ternos invitado á mesma.

Entendemos que a formación en soporte vital básico e utilización do DESA debería ser materia curricular e de obrigado coñecemento por todos os membros da comunidade educativa i esperamos que así sexa nun curto espazo de tempo.

Na seguinte galería de imaxes podedes ver en que consistiron as prácticas.

Agrupación deportiva Arenteiro

Imos a pescudar información en internet e na biblioteca sobre os concellos onde viven os nosos compañeiros dos colexios cos que imos a competir no programa Xogade da Consellería de Cultura e Educación.
A información que elaboremos reflictirémola na WIKI do noso aula virtual.

 Completaremos a WIKI con información sobre as destintas competicións nas que imos a participar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut